martes, 8 de junio de 2010

PREPARACIÓN DA PROBA FINAL DE GALEGO

Tendo en conta que co novo horario do mes de xuño somente hai clase de Galego os xoves; é convinte que vaiades preparando a Proba Final según a Guía que facilitou o profesor. Tamén se vos entregou unha ficha con exercicios do tipo que aparecerán no exame.
Procurade telos xa acabados para o día de mañán porque aproveitaremos para correxilos en calquera momento.
Aproveitarei tamén para entregar outras fichas para que vós mesmos as vaides facendo na casa.
Todos aqueles que teñades algunha avaliación pendente, deberedes tomar moi en serio a preparación desta Proba Final
Por suposto que os que teñen todo aprobado tampouco se deben descuidar xa que poden acadar unha mellora importante na súa calificación media.