miércoles, 12 de mayo de 2010

TRABALLOS OPTATIVOS DE GALEGO

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas cada alumno ten que escoller un dos traballos que se mencionan:
1. Elaborar unha exposición mediante POWER POINT , sobre a figura de Uxío Novoneyra e a súa obra literaria. 2. Facer un dossier co seguimento de toda a información que apareza en Prensa ao longo desta semana das Letras Galegas. 3. Elaboración dun mural sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra.(Pódese facer en equipo) 4. Despois de consultar datos biográficos sobre Uxío Novoneyra, iInventa un RAP adicado a este personaxe. 5. Uxío Novoneyra é considerado o poeta da saudade. Fai ti unha composición poética na que expreses ese sentimento. Pensa nas cousas que ti máis botas de menos e que che producen certa morriña. 6. Participación no Concurso “Son experto en UXÍO NOVONEYRA”. Infórmate ben sobre o persoeiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, para poder contestar a preguntas sobre dito personaxe. (Pódese facer en equipo de 3 alumnos)
Aproveitade esta longa ponte para facelo ben. Lémbrade que se valorará como se fose un control dunha unidade.